Asamblea Ordinaria ANPA 24 de maio

Convócase aos pais e nais de alumnos do CEIP San Pedro de Visma a unha asamblea xeral o vindeiro mércores 24 de maio ás 16:30 horas en primeira convocatoria e ás 16:45 en segunda convocatoria, que se celebrará no salón de actos do colexio coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, de actas anteriores.
  2. Contas 2016
  3. Madrugadores e comedor 17-18.
  4. Actividades extraescolares 17-18: Cóxegas, Luditarde, POE, deporte, piscina, …
  5. Actividades da ANPA: libros de fotos, banco de libros, colaboración millora do entorno, …
  6. Renovación de cargos
  7. Rogos e preguntas

NOTA: haberá servicio de guardería durante a reunión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *