Como xa sabedes, o cole foi elexido xunto con outros CEIPs da cidade para albergar o Campacole de Verán organizado pola Federación de ANPAs en colaboración co Concello. Aquí tendes tódolos datos para que poidades saber se queredes usar o servicio nalgunha quenda:

Horarios e datas

Semana 1: do 26 ao 30 de xuño do 2017.
Semana 2: do 3 ao 7 de xullo de 2017.
Semana 3: do 10 ao 14 de xullo de 2017.

O horario do campamento sería de 10:00 a 14:00 h., puidéndose ampliar cos seguintes servizos:
· Madrugadores (sen almorzo). A partires das 8:00 h.
· Comedor. Desde as 14:00 ata as 15:30, con opción de recollida ás 15:00 h.

Contemplarase a media mañá unha parada entre as 11:00 e 11:20 h., aproximadamente, para tomar unha pequena merenda que os escolares poderán levar da casa.

Destinatarios

Os destinatarios serán escolares de Ed. Infantil e Ed. Primaria matriculados nos CEIPs públicos do Concello da Coruña.

O número de prazas ofertadas estará limitada a 45 participantes por sede, tendo prioridade os que estean matriculados no propio centro educativo onde se oferte como sede.

A ratio mínima para a realización do campamento será de 15 escolares por centro e 10 nos servizos de madrugadores e comedor. No caso de non chegares ao mínimo esixido, devolverase a cota aboada.

En cada centro haberá polo menos dous educadores. Asemade a Fed. Prov. de ANPAS contará cun coordinador xeral e persoal administrativo para xestión dos campamentos.

Cotas

As cotas semanais por cada campamento serán as seguintes:

Campamento (de 10 a 14h): 15 €
Comedor: 20 €
Madrugadores con almorzo: 10 €
Madrugadores sen almorzo: 5 €

Inscrición

Días 29 e 30 de maio só alumnos do CEIP San Pedro de Visma. Do 31 de maio ao 2 de xuño, calquer alumno dun CEIP público do Concello.
Lugar de inscrición: no local da ANPA.

Podedes descargar na seguinte ligazón o impreso de inscrición, e xa traedes o traballo feito!

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *