Comunicado sobre as probas de avaliación de 3º de Primaria

Adxuntámosvos tanto o comunicado completo da CONFAPA-GALICIA sobre o tema como o impreso de xustificación de ausencia do alumnado para os días nos que teña lugar a proba, para que o poidades consultar e usar no caso de que estedes de acordo con esta postura. Tamén, nesta ligazón, podedes consultar o decreto que regula a aplicación da lei e as datas das probas.

Nun contexto social e político no que a LOMCE atópase en aplicación suspendida mentres non se acade un pacto educativo para establecer as bases dun sistema educativo compartido e defendido polo conxunto da sociedade, continuar desenvolvendo os aspectos máis dañinos da LOMCE é unha declaración de intencións clara, que dende as familias que compoñemos a Comunidade Educativa dos Colexios Públicos de Galicia, rexeitamos frontalmente.

Comunicado completo

Xustificante de ausencia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *