Un ano máis, o noso centro será sede deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns 26 de xuño ata o venres 28 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes.
Ademáis, tamén teremos Summer Talk, o campemento de inglés da Federación de ANPAs.
Revisade ben as condicións, xa que a partir deste ano os alumnos das sedes (os nosos, neste caso) non teñen preferencia á hora de conseguir praza. Podedes revisar toda a información sobre estes e outros campamentos municipais na seguinte ligazón.
CAMPACOLES
QUENDAS
Quenda 1: Do 26 ao 30 de xuño.
Quenda 2: Do 3 ao 7 de xullo.
Quenda 3: Do 10 ao 14 de xullo.
Quenda 4: do 17 ao 21 de xullo.
Quenda 5: do 24 ao 28 de xullo.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.
Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h).
PRAZAS
45 prazas por sede (tres grupos).
A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.
DESTINATARIOS
Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 22/23.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A adxudicación de prazas farase do seguinte xeito:
COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:
*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 22/23.
**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2022/23 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”e “English Lab”).
SUMMER TALK
As condición serán bastante similares as dos Campacoles, coa excepción de que haberá menos plazas disponibles, serán en inglés e non terán servizo de madrugadores nen de comedor.
Poderedes consultar toda a información cando estea diponible na mesma ligazón.
DATAS DE INSCRIPCIÓN
As datas de inscrición serán as mesmas para os dous campamentos. Recordade consultar toda a información o antes posible. Como a asignación de prazas é por sorteo non é necesario correr para apuntarse, só facelo nestes tres días da semana que ven.
Inscrición: 22, 23 e 24 de maio