Este ano, coma os anteriores, o noso centro será sede dos Campacoles de Verán. As principais características deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns 27 de xuño ata o venres 29 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes. O último día de cada quenda todos os participantes farán unha saída no entorno da cidade ou mancomunidade, cunha ampliación do horario ata as 15:30h.
Quenda 1: Do 27 de xuño ao 1 de xullo.
Quenda 2: Do 4 ao 8 de xullo.
Quenda 3: Do 11 ao 15 de xullo.
Quenda 4: do 18 ao 22 de xullo.
Quenda 5: do 26 ao 29 de xullo.
Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.
Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h. salvo o día da saída que será ás 15.30h).
Contemplarase a media mañá unha parada entre as 11:00 e 11:20 h., aproximadamente, para tomar unha pequena merenda que os escolares poderán levar da casa.
45 prazas por sede (tres grupos).
A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.
Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 21/22.
A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, tendo preferencia dentro dese criterio xeral:
1º. O primeiro día de inscrición, os escolares matriculados no centro sede no que solicitan a/s quenda/s.
2º. O segundo e demais días de inscrición, os usuarios de calquera das actividades extraescolares da Federación Provincial no curso 21/22, con independencia do CEIP no que estean matriculados. A continuación o resto de solicitantes da actividade.
*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 21/22.
**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”).
Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Listaxe de admitidos: 1 de xuño de 2022. (Publicarase na web municipal, no 010 e na web www.fedapascoruna.org )
Inscrición e abono: 8, 9 e 10 de xuño de 2022.
Xestión da listaxe de agarda: do 16 ao 21 de xuño de 2022